free website templates

Incubadora transnacional de
emprendemento creativo no rural
europeo

Consorcio

Concello de Vedra. O Concello de Vedra é un territorio rural, situado na provincia da Coruña (Galicia), ao sur de Santiago de Compostela. O municipio cunha extensión de 52 Km2 está dividido en 12 parroquias e ten pouco máis de 5.000 habitantes.
O departamento de Extensión Sociocultural e Desenvolvemento, que forma parte da estrutura organizativa municipal, encárgase de fomentar e planificar as iniciativas de desenvolvemento local. O departamento ten un amplo abano de áreas de actuación e abarca actividades diversas, incluíndo o emprendemento e a formación no emprego e diferentes actividades lúdicas e deportivas. Todas as actividades planificadas realízanse nos catro centros socioculturais e en oito centros comunitarios que forman unha rede municipal.
Este departamento ofrece unha ampla gama de oportunidades educativas e de lecer para a mocidade. O obxectivo desta iniciativa é animar á xente nova das áreas rurais a participar nunha formación integral para optimizar o seu dinamismo social e mellorar a súa integración. O obxectivo principal do departamento é a promoción da participación social e cultural entre a mocidade para fomentar a súa identidade individual e colectiva e estimular un sentido de pertenza e identificación coa comunidade onde viven.

Enderezo: Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo, n.º 1
15885 - Vedra (A Coruña)
Teléfono: +34 981814612
correo: info@concellodevedra.com
Web: www.concellodevedra.com

YouthNest
YouthNest

Stichting Business Development Friesland – BDF. Business Development Friesland(BDF) dos Países Baixos axuda á xente e organizacións a medrar. Actuamos por propia iniciativa e de forma frecuente, empresas, colexios e autoridades nos piden que os apoiemos nos seus esforzos. 
O estatuto legal de BDF é o dunha fundación, desde a súa orixe e misión, atende ás necesidades de apoio á economía rexional e ao emprego. BDF interesase por desempeñar un papel activo para resolver problemas a través do apoio ao emprendemento (educación). BDF nos últimos 12 anos apoiou activamente a máis de 400 empresas durante os seus primeiros pasos. En 2010, Business Development Friesland creou a incubadora da cidade de Leeuwarden (Inqubator Leeuwarden) co apoio da Provincia de Fryslân, o Concello de Leeuwarden, dúas universidades de ciencias aplicadas e dúas escolas profesionais. A incubadora ten tres edificios: unha incubadora xeral, unha incubadora enfocada na tecnoloxía da auga e a terceira dedicada á Intelixencia Artificial (AI).
Dende aquí  BDF experimenta directamente cos problemas, co éxito e co fracaso das pequenas empresas diariamente. Estamos en estreito contacto con micro emprendedores de diversas orixes e asesoramolos co adestramento 1 a 1 para mellorar as súas habilidades. Prestamos especial atención tanto ao seu desenvolvemento persoal como ao desenvolvemento da súa idea de negocio, e á conexión entre estes dous aspectos. Non obstante, a través do intercambio de coñecementos cos seus compañeiros emprendedores, tendo masterclasses de empresarios con éxito e recibindo formación sobre retos específicos, acadar o éxito na posta en marcha dun negocio é alcanzable. Ademais de facilitar o intercambio de coñecemento, organizar clases maxistrais e adestramentos, BDF actúa como mentor.

Enderezo: Kanselarij – Turfmarkt 11 in Leeuwarden
(the Netherlands)
Teléfono: +31 58 845 8045
Correo: n.dejager@bdfriesland.nl
Web: www.bdfriesland.nl

Comune di Capannori. CdC é unha autoridade local pública que opera no nivel NUTS 4 nun territorio duns 150 quilómetros cadrados e con 46250 habitantes. O seu territorio inclúe áreas planas e montañosas que combinan  dinámicas de desenvolvemento urbano e rural. A agricultura segue sendo unha das actividades económicas máis importantes representadas por granxas familiares e negocios de produción de viños e aceite de oliva de gran calidade. O municipio ten 300 empregados e colabora con institucións e organizacións a nivel nacional, rexional e provincial. CdC está fortemente comprometido co fomento da participación da cidadanía, escolas e asociacións. As áreas de experiencia específica son: a) planificación territorial; b) transporte sostible e mobilidade das persoas; c) protección e valorización do medio, incluído o patrimonio cultural, arqueolóxico, artístico e paisaxístico; d) protección hidroxeolóxica e valorización dos recursos hídricos; e) reciclaxe e eliminación de residuos; f) recollida e distribución de auga, acueductos e xestión de recursos enerxéticos; g) desenvolvemento local e económico; h) asistencia social e servizos; i) educación pública e formación profesional, actividades de apoio escolar relacionadas coas competencias municipais; l) actividades culturais, turísticas, deportivas e de lecer. CdC desenvolveu nos últimos anos moitos proxectos e boas prácticas  relacionadas co medio, cidadanía participativa e diálogo intercultural. En particular, CdC é considerado un referente de éxito no Sistema de Xestión de Residuos e Economía Circular. O campo do turismo sostible vinculado ás áreas rurais teñen cada vez maior interese para a Administración que está intentando apoialo con investimento local e coa mellora das competencias profesionais..

Enderezo: Piazza Aldo Moro, 1 - 55012 Capannori (Lu)
Teléfono: +39 583 428235
Correo: a.pensa@comune.capannori.lu.it
Web: www.comune.capannori.lu.it

YouthNest
YouthNest

Newry and Mourne Co-op Ltd. Newry and Mourne Co-operative & Enterprise Agency  (NMC) é o principal provedor de apoio á microempresa na rexión de Newry & Morne na fronteira este de Irlanda do Norte, proporcionando un apoio continuo aos emprendedores, dende orientación para aqueles con interese no autoemprego, pasando por apoio para a elaboración do plan de negocio para  empresas emerxentes ata asesoramento especializado para empresas existentes en fase de crecemento. Desde 2001, o NMC axudou a 2.380 emprendedores a desenvolver as súas empresas, empregando a 3.000 persoas e xerando un volume de negocio de 140 millóns de euros. Co financiamento da UE, o goberno central e os doantes sen ánimo de lucro, NMC desenvolve o Business Start Enterprise Development Programme, programas de co-innovación e vendas financiados polo Interreg, o Social Enterprise Innovation Programme,  así como diversos programas para a rexeneración socioeconómicas e de apoio á mocidade (Work 4 U2 e Education 2 Employment ). Anteriormente,  xestionou o fondo de préstamo empresarial máis grande no  país e aínda ten estreito contacto coa comunidade de business angels. NMC ten 11 empregados, incluíndo un economista, un contable colexiado, un planificador urbanístico e rexional colexiado, un especialista en mercadotecnia, un xestor da propiedade, un especialista en novas tecnoloxías e dous expertos en desenvolvemento comunitario. O seu xefe executivo, o Dr. Conor Patterson está no Consello de Enterprise NI e en varios comités destacados de apoio empresarial e de innovación

Enderezo: Canal Quay, Newry, Co Down, N. Ireland, BT35 6PH
Teléfono: +44(0)28302 67011
Correo: info@nmea.net
Web: www.nmea.net

Obec Zemplínske Hámre. O municipio de Zemplínske Hámre está representado por unha comunidade situada nunha área rural do este de  Eslovaquia. Cunha poboación de 1271 habitantes, é o cuarto municipio máis grande do distrito de Snina. O municipio é coñecido principalmente pola súa localización e potencial turístico. A vila é unha porta de entrada a unha zona paisaxistica protexida das montañas de Vihorlat, sendo Patrimonio da Humanidade  (UNESCO), é frecuentemente visitado polos seus  impresionantes volcáns naturais, fauna e flora. O municipio conta co complexo recreativo Barnova rika cun parque infantil multifunción, piscinas climatizadas e sauna nos meses de verán. Os primeiros asentamentos estableceronse no século XIX grazas á explotación mineira nas montañas Vihorlat. Un par de muíños de martelo de ferro, un alto forno de carbón vexetal e industrias de metalúrxica foron construídos de forma gradual nesta área. A finais do século XIX, pertencían aos produtores máis importantes de mineral de ferro na rexión de Zemplin (Eslovaquia). Por estos feitos históricos, o Concello reconstruíu en 2014 (con apoio da Confederación Suíza) todos os monumentos industriais danados e creou un museo local cunha ruta educativa (ruta educativa de  Zemplínske Hámre), co fin de preservar o patrimonio cultura e histórico da rexión para as xeracións futuras. Hoxe en día o municipio é unha das comunidades con máis rápido desenvolvemento na rexión rural do distrito de Snina, debido á súa localización e rápidas conexións coa cidade de Snina. Pero o carácter rural desta rexión determina  á comunidade a loitar contra a emigración de mocidade que abandona a súa casa para atopar mellores condicións educativas, de emprego, vida social e só unha pequena porcentaxe deles volven ou valoran volver despois de pasar uns anos en rexións e cidades urbanas, ás veces no estranxeiro. A marcha das xeracións novas é observable en moitos aspectos da vida actual. A poboación está envellecendo e a mocidade non ten interese en traballar nas vellas ocupacións tradicionais (cría de ovellas, apicultura). Sen actividades que frenen a marcha da mocidade, a rexión rural está destinada a ser un lugar para unha poboación envellecida, sen opción para desenvolverse naturalmente grazas ao traballo dos seus cidadáns.

Enderezo: Hlavná 152/183, 067 77 Zemplínske Hámre, Slovakia
Teléfono: +421 908 840288

Correo: zemplinskehamre@gmail.com

Web: www.zemplinskehamre.sk

YouthNest
YouthNest

Associação Juvenil de Deão - AJD. A AJD foi formalmente fundada o 19 de abril de 1997 e ten como obxectivo crear e desenvolver actividades sociais, culturais, deportivas e artísticas para a  mocidade, especialmente no ámbito do tempo libre, voluntariado, cooperación e formación, promovendo e mellorando o seu acceso á información, a súa integración social, participación cívica e igualdade entre homes e mulleres. No que respecta ao seu alcance de intervención, a asociación traballa principalmente con nenos/as e xente xoven das zonas rurais de Viana do Castelo. Sendo unha asociación RNAJ, benefíciase do apoio do Programa de Apoio Juvenil - PAJ.
AJD organízase nestes departamentos: Departamento de proxectos de intervención social: AJD promoveu un conxunto de proxectos en diversos áreas políticas (Igualdade, Xuventude en Acción / Erasmus+, POPH / CIG) que axudan a facer operativos os obxectivos da asociación abordando os problemas locais. Escola comunitaria: é unha localización privilexiada de interacción entre a asociación e a comunidade, atendendo aos sentimentos e aos desexos dos nosos asociados, en particular, e os da comunidade nos que operamos, en xeral: Ludoteca - onde se desenvolve a educación non formal a través das artes, a tradición e a interculturalidade, nun espazo lúdico e cultural dedicado á lectura, á escritura e á expresión visual e corporal. Organízanse visitas pedagóxicas, campamentos vacionais e apoio educativo a estudantes con baixos niveis de aprendizaxe. Talleres de dinámica interxeracional, know-how e ferramentas, coñecemento que contribúe ao desenvolvemento persoal e social e ao interese pola arte, a música e a identidade local: talleres artesanais, teatrais e  de cavaquinho. A asociación tamén promoveu numerosas actividades para dinamizar a rexión e á poboación, creando espazos para a participación de varios grupos obxectivos de interveción,  buscando desenvolver neles unha actitude proactiva e de cidadanía, permitíndolles  coñecer espazos que doutro xeito lles sería imposible explorar.

Enderezo: Caminho da Igreja, n.º 459, 4905-254 Deão
Viana do Castelo - Portugal
Teléfono: 00351258730653
Correo: assocjuvenildeao@gmail.com
Web: associacaodeao.wix.com/ajdeao

YouthNest
Enderezo

Concello de Vedra
Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo Nº1
15885 Vedra, A Coruña (Spain) 

Contacto

email: info@concellodevedra.com
telefono: +34 981 81 46 12

YouthNest
YouthNest
YouthNest